Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Folc / Leña Verde

Leña Verde

Rúa Xoán Montes, 33 - Mosteiro

27270 Pol - Lugo

Teléfono: 657 876 450 / 647 521 861

e-mail: informacion.lvp@gmail.com

Web: http://acontratempo.com/

Recollendo o testigo dunha formación escolar homónima que existira no concello de Pol durante os anos 50 e 60, Leña Verde inicia a súa actual etapa no 1994, xuntando a un grupo de amigos -dous deles membros da formación histórica- arredor da festa e da música tradicional. Co paso dos anos o grupo musical define a súa liña de traballo e unha estrutura que, con cambios nalgúns compoñentes, se mantén ata a actualidade. Deste xeito, e tras un traballo lento e progresivo, conséguese crear un repertorio propio que amplía pouco a pouco a súa difusión grazas a actuacións por todo o país e fóra del.