Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Grupos de Baile / A.C. Lembranzas da Ría

A.C. Lembranzas da Ría

Rúa Eirado do Señal nº 10

36940 Cangas - Pontevedra

Teléfono: 687 48 79 97/ 605 09 42 03

e-mail: contacto@lembranzasdaria.com

Web: www.lembranzasdaria.com

A asociación cultural Lembranzas da Ría adícase á recuperación de bailes e músicas tradicionais.Isto faise posible grazas o traballo de campo realizado polos seus compoñentes,ó cal se lle dá un carácter propio,mostrando diferentes xeitos de entender o baile e a música tradicionais.

A asociación cultural Lembranzas da Ría fórmase en Cangas do Morrazo a finais do ano 1984, baixo a dirección de Xosé Menduíña Bastón. Ao longo destes anos, os seus compoñentes mostran curiosidade e inquietude pola nosa tradición.A súa fin primordial será a de recoller, investigar e promove-lo folclore da nosa terra,  Para iso, levan a cabo un traballo de campo percorrendo as aldeas de toda Galicia, onde o baile e máis a música, xunto co traballo, formaban parte da vida diaria. Froito deste labor de campo é o repertorio que esta asociación pode mostrar ó público, intentando en todo momento plasmar da mellor maneira posible o aprendido polos seus informantes.