Grupo Orcellón do Carballiño
Rúa marcelino parrondo, 31 - 9º
32500 O Carballiño - Ourense
Teléfono: 609 810 152
e-mail: grupo.orcellon@gmail.com
Web: http://perso.wanadoo.es/aorcellon
A Asociación de Danzas e Gaitas Vila do Orcellón do Carballiño é unha agrupación folclórica galega que ten como misión difundir o folclore de Galicia.
Remontámonos a tarde dun 5 de Xaneiro de 1978; tarde, na que un grupo de amigos, amantes de súa terra, dos seus costumes, dos seus bailes e das súas músicas, e da súa tradición, soben por vez primeira a un escenario co nome de Grupo de Danzas e Gaitas Eiras Nosas.
A partires dese 5 de Xaneiro e co transcorrer dos anos, Eiras Nosas recorre toda Galicia e España, participando en numerosos certames, en diferentes programas de Televisión, numerosas festas e romarías deixando sempre o pavillón por todo o alto.
No ano 1984, Eiras Nosas disolvese, en uns casos por motivos de estudios, en outros por motivos laborais; durante eses 6 anos intentan crear unha canteira, incluso dous dos seus piares fundamentais como eran Xosé Lois Montes e Helena Guerra seguen coa escola de danzas ata o ano 1986/1987; pero por diferentes causas, entre elas a falla de xente con idades comprendidas entre os 16 e 17 anos provocan que ese gran grupo que marcou unha época non se manteña en alza.
En 1998, catorce anos despois da súa desaparición, un número de alumnos seus deciden montar un grupo de danzas e gaitas, independentes de calquera institución e seguindo a estela que eles en seu día nos deixaron; así catorce anos despois aparece un grupo moi similar a Eiras Nosas e que leva por nome Grupo de Danzas e gaitas, independentes de calquera institución e seguindo a estela que eles en seu día nos deixaron; así catorce anos despois aparece un grupo moi similar a Eiras Nosas e que leva por nome Grupo de Danzas e Gaitas "Vila do Orcellón".
"Vila do Orcellón" naceu con 34 membros e con unha clara tendencia a ascender. Estes 34 membros dividíanse en tres grupos:
1.- GRUPO PRINCIPAL DE DANZAS: composto por sete parellas, con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos.
2.- GRUPO INFANTIL DE DANZAS: Formado por cinco parellas, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos de idade.
3.- GRUPO DE GAITAS ORCELLÓN: Formado por 10 membros con idades comprendidas entre os 17 e 32 anos; e distribuídos da seguinte maneira:
- Catro gaitas
- Tres pandeiretas
- Un bombo
- Un tambor
- Un pandeiro
O Grupo de Danzas e Gaitas "Vila do Orcellón" ten un financiamento propio, e dicir, a través do pago de cotas mensuais. Arrancou en Agosto do ano 2000 sen recibir ningún tipo de axuda oficial, pero conseguindo financiar o seu vestiario, estandarte... soamente coas aportacións dos seus integrantes e a organización de actividades para recadar fondos, (como foron a organización dun concurso de cantautores, venda de lotería de Nadal, participación en concursos de Entroido...) e a inestimable colabora do empresariado local, que con pequenas aportacións pero moi numerosas axudounos a conseguir o presuposto necesario para o inicio da actividade. Os compoñentes do grupo, foron evolucionando, sufrindo as lóxicas baixas e tamén novas incorporacións.
A partires do día da presentación, o Grupo comeza a xerar ingresos pola súa propia actividade, actuando en numerosas festas patronais nos arredores, aínda que é un modesto chaché, e suficiente para o financiamento do día a día da Agrupación.