Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Charanga / Pai da Cana

Pai da Cana

2ª Travesía A Puntada, 9 - Portosanto (San Salvador)

36163 Poio - Pontevedra

Teléfono: 626 825 442 / 667 924 231

e-mail: paidacana@hotmail.com

Web: http://www.xente.mundo-r.com/paidacana/

O grupo de música tradicional PaidaCana nace no ano 1995, dentro da A.C. Pai da Cana, como froito da xuntanza de un grupo de folcloristas que se plantexan como tarefa principal, o achegamento da música tradicional galega a tódolos públicos na procura dunha identificación máis directa coas nosas raíces.
Durante uns anos foron imnumerables as actuacións que realizaron por toda Galicia entre as que cabería destacar moitos festiváis, intervencións no programa Luar da TVG, programas de radio, así como unha saída das nosas fronteiras para realizar un concerto na Casa de Galicia de Madrid. Nesta etapa o grupo foi gañador de diferentes premios como o II Concurso de Música Tradicional de Vigo (1996), así como o I e II Memorial Manuel Texo (1998 e 2000).
PaidaCana remata unha primeira etapa coa gravación dunha parte do seu repertorio nos discos: Ruta Folc: Terra Galega (Disco Trompo 1998), I e II Concurso de Gaitas Memorial Manuel Texo (A.S.C. Ullán 1998 e 2000), e Os Sons da Ulla (Phonos 2001).     Ruta Folc: Terra Galega
No inverno do ano 2002 PaiDaCana reorganízase de novo con outra formación de músicos e integrantes; así, músicos procedue non esmoreceu. Con esta nova formación o grupo grava unha maqueta e realiza innumerables actucións por tada a península ibérica, compartindo escario con grupos como Luar na Lubre, Ardentía e Ultreia entre outros. Cabe destacar nesta etapa duas actuacións en Madrid, e otras tantas en Portugal.

Durante este último inverno, o grupo sofre unha nova reestructuración, así antigos componentes xunto con alumnos dos conservatorios de Vigo e Pontevedra, forman un conxunto que recolle repertorios de charangas galegas e americanas como os Trintas de Trives ou os Monfortinos, ofrecendo así o máis variado abano de posibilidades e riqueza da nosa música popular.

A Charanga é unha agrupación de músicos moi representativa no noso país dende fináis do século XIX. Desta maneira, a gaita xúntase con instrumentos como o clarinete, o saxo ou o acordeón introducindo un repertorio máis moderno nas nosas festas e romerías populares.
Durante todas estas transformacións o grupo sempre foi mellorando musicalmente, grazas tanto a madurez musical adquirida polos seus componentes como a alta calidade interpretativa das novas incorporacións.
Nas actuacións o grupo pretende crear un ambente de festa do que todos poidan ser partícipes, disfrutando así dun repertorio no que reservamos un espacio para tódolos gustos, así poderanse ver identificados co grupo, os puristas, os innovadores e aqueles que só pretenden pasar un rato agradable escoitando boa música, das mans e na compaña de PaiDaCana.
 
No ano 2007 Pai da Cana lanza o mercado o seu novo disco Paidacana 12.