Asociacion de Gaiteiros Galegos

A.C. Donaire

Avda. General Sanjurjo, 121B - 2ºB

15009 A Coruña

Teléfono: 677 644 339

e-mail: info@acdonaire.com

Web: http://www.acdonaire.com

Asociación Cultural DONAIRE créase na cidade de A Coruña coincidindo coa entrada do século XXI, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore Galego.

Conta cunha escola na que se imparten clases de canto e baile así como de instrumentos que tradicionalmente foron utilizados no seu acompañamento como son a gaita, pandeireta, tamboril... etc. Tamén conta cun grupo composto por mozos e mozas que tras moitos anos na escola mostran nas actuacións o donaire, riqueza e variedade da nosa música e da nosa danza popular, conservando e difundindo o legado cultural que lles foi transmitido polos seus maiores.

Tódalas pezas presentadas, tanto musicais, coma as de baile, foron seleccionadas previamente tras unha intensa labor de recolleita pola xeografía galega, mantendo fielmente as características coma eran interpretadas. Así mesmo complétase a actuación co vestiario adecuado a cada peza.

Co fin de ampliar e completar o abano musical, creouse no 2004 unha Banda de Gaitas baseada no mesmo obxectivo de interpretar fielmente pezas tradicionais.

Así mesmo, no 2009 inicia unha nova proposta musical denominada Con Canto Donaire, no que as pandereteiras Donaire, tratan de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando.