Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Grupos / Grupos / Solistas e dúos / BellónMaceiras Dúo

BellónMaceiras Dúo

Rúa Antonia Montero, 11 - baixo

15500 Fene - A Coruña

Teléfono: 654.834.246 || 661.265.383 || 661.331.967

e-mail: info@bellonmaceiras.com

Web: www.bellonmaceiras.com

bm2 2low peqO dío BellónMaceiras naceu no 2005, da union musical do gaiteiro Daniel Bellón e do acordeonista Diego Maceiras. O seu profundo coñecento da música tradicional galega, xunto coas súas inquedanzas artísticas e o seu gusto polas músicas doutros países, levaron ese dúo a fusionar, desde o principio, sen medo, ritmos e melodías de distintos lugares, facendo música do mundo desde Galicia.

Dani Bellón posúe un dos durrículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios.

danibellonActualmente, combina a súa faceta de músico no proxecto BellónMaceiras Quinteto e de gaiteiro no prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega, en escolas de Madrid. Estudiou jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), con Saxofono, Armonía Moderna, Improvisación e piano complementario. Foi becado por AIE para o curso 2007/2008 e 2009/2010 na "Escola - Estudio" en Santiago de Compostela. É co-director e docente na Escola de Música BellónMaceiras.

diegomaceirasDiego Maceiras empezou os seus primeiros pasos musicais aos catro anos, formando parte da Banda de Gaitas "Airiños de Fene", na que segue tocando hoxe e coa que conseguiu premios (Con Música Propia da TVG) ademais de gravar o primeiro traballo discográfico "Identidade".

Acordeonista desde os 11 anos da man de diversos profesores, forma parte de grupos como Rumbadeira, Eiravedra, Mamá Cabra, Xil Ríos... Destaca como compositor e actualmente, despois do Grado Medio no Conservatorio Profesional de Música de Oviedo, segue coa súa formación no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, compaxinándoa coa direección e docencia na Escola de Música BellónMaceiras.