Asociacion de Gaiteiros Galegos

Alvariza

Penelas, 20 - cacheiras

15883 Teo - A Coruña

Teléfono: 649 966 283 / 981 807 180

e-mail: manolinho@aregionalista.es

Web: http://www.blogoteca.com/alvariza

Alvariza, grupo de música folk e tradicional galega. O seu nome define antigas construcións circulares de pedra de orixe celta, que aínda perduran nas montañas das provincias de Lugo e Ourense, onde o cultivo artesanal da mel se resgardaba dos osos e outras alimañas.

A formación nace no ano 2000 cao intención de preservar a música que antigamente se facía nas verbenas de finais do século XIX e principios del XX con un tipo moi determinado de formacións que eran as orquestinas, as murgas ou charangas.

8 músicos conforman esta agrupación galega que pretende facerse un oco no panorama da música de raíz con instrumentación moi variada e rica como son: a gaita, a caixa, o bombo con pratos, a requinta (instrumento propio e case extinto de Galicia) o clarinete, o saxofón, o acordeón e o clarinete baixo.

Con amplo bagaxe recorrendo toda Galicia e parte da península ibérica en concertos, mostras etnográficas e eventos culturais.