Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos de Baile / Asociación Cultural "Cántigas e Frores"

Asociación Cultural "Cántigas e Frores"

Apartado de Correos 344

27080 Lugo

Teléfono: (+34) 982 265 211

e-mail: secretaria@cantigasefrores.com

Web: http://www.cantigasefrores.com/

A asociación cultural “Cantigas e Frores” foi creada no ano 1948 como unión das agrupacións “Frores e Silveiras” e “Cantigas e Aturuxos”. Ambas agrupacións procedían da excisión do “Orfeón Galego” que dirixía o mestre Xoán Montes.

altDende esta época a Asociación Cultural “Cantigas e Frores” estivo e está vencellada á dinamización da vida cultural lucense.

É membro fundador da Federación Galega de Grupos de Danzas e máis da Federación Española de Agrupacións de Folclore.

Organiza tódolos anos cursos sobre cultura tradicional e outras manifestacións culturais vencelladas con ela.

altA Asociación Cultural “Cantigas e Frores” participou de xeito continuo en actuacións e festivais coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas. Estas actuacións tiveron lugar por toda a Península Ibérica (Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia, País Vasco, Portugal e Principado de Asturias) e fora de esta (China, Arxentina, Bélxica, Brasil, Cuba e Francia).

Na actualidade conta con perto de 300 socios e as súas escolas acollen a máis de 180 alumnos cada ano, ademais dos 120 que asisten ó “Curso de cultura tradicional Galega” na Semana Santa.