Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos de música tradicional / Agrupación Folclórica Castelo de Melide

Agrupación Folclórica Castelo de Melide

Melide

15800 Melide

Teléfono: 600 203 592

e-mail: afcastelo@gmail.com

Web: http://www.agrupacioncastelo.com

A Agrupación folclórica "CASTELO" nace no ano 1992 en Melide no eido da Asociación Catasol. Funciona como unha ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL GALEGA onde se imparten ensinanzas de baile, canto e músicas tradicionais, recollidas en diferentes zonas da xeografía galega. Actualmente a agrupación está composta por máis de 60 persoas e dedica un importante traballo de promoción do folclore galego entre os máis novos a través das súas clases e obradoiros, fomentando así un sentimento de respecto e responsabilidade polo nosa cultura. Teñen participado en varios concursos, certames e festivais como o XX Festival Internacional de Folklore de Monquc (Francia), Festival Internacional de Rennes (Bretaña-Francia), VI Festival de Danzas "Pueblos de España" (Asturias) etc, así como actuacións en Parma e Langhirano (Italia) Para a televisión realizaron varias actuacións no programa Luar da TVG e en varios especiais do Xacobeo tamén para a TVG. En 1998 conseguen unha nominación ó mellor Grupo de Baile Tradicional do Luar. Actualmente entre os proxectos desenvolvidos pola Agrupación encóntrase a Foliada de Melide, un evento anual e de amplo contido que abrangue obradoiros, charlas, exposicións, actuacións, mostra de artesanía e de instrumentos, xuntanza e actuación de grupos tradicionais nun serán...