Asociación Cultural "Cántigas e Frores"
Apartado de Correos 344
27080 Lugo
Teléfono: +34-982-265211
e-mail: secretaria@cantigasefrores.com
Web: http://www.cantigasefrores.com/
A asociación cultural “Cantigas e Frores” foi creada no ano 1948 como unión das agrupacións “Frores e Silveiras” e “Cantigas e Aturuxos”. Ambas agrupacións procedían da excisión do “Orfeón Galego” que dirixía o mestre Xoán Montes.
É membro fundador da Federación Galega de Grupos de Danzas e máis da Federación Española de Agrupacións de Folclore.
Organiza tódolos anos cursos sobre cultura tradicional e outras manifestacións culturais vencelladas con ela.
A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” participou de xeito continuo en actuacións e festivais coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas. Estas actuacións tiveron lugar por toda a Península Ibérica (Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia, País Vasco, Portugal e Principado de Asturias) e fora de esta (China, Arxentina, Bélxica, Brasil, Cuba e Francia).
Na actualidade conta con perto de 300 socios e as súas escolas acollen a máis de 180 alumnos cada ano, ademais dos 120 que asisten ó “Curso de cultura tradicional Galega” na Semana Santa.