Asociacion de Gaiteiros Galegos

Ruote

Avda. Monserrat, 25 - Portal 1 - 4ºC

15009 A Coruña

Teléfono: Contratacion: Merlo Branco Producións, 981 807 642 / 615 400 050

e-mail: ruote@hotmail.com

Web: http://www.ruote.es/

O Colectivo de música tradicional RUOTE nace no ano 1996 partindo da base dun grupo de recolleita etnográfica que leva traballando dende 1991.

O colectivo, formado por cinco persoas, amosa un repertorio representativo das catro provincias galegas, e para elo emprega variada instrumentación: Gaita, acordeón diatónico, tambor, bombo con platos, pandeireta e diferentes percusións como ferriños, cunchas, ..., e por suposto voz.

O obxectivo de Ruote é a interpretación fiel das melodías e músicas, e por iso trata de amosalos tal cal os aprenderon dos seus informantes.

Durante o mes de xullo do ano 2000 participou no festival de música folk e tradicional de Monreal del Campo (Teruel) onde acadou un notable éxito.

A súa labor máis importante vense realizando como grupo de recolleita, xa que teñen unha ampla experiencia no ámbito do traballo de campo e da divulgación através de artigos publicados en revistas relacionadas con esta temática, conferencias, e demais.

RUOTE toma o seu nome da “pequena ruada” na que tratan de involucrar ó público duranteos seus concertos e está formado por:

PABLO DÍAZ CARRO: Gaita,clarinete, tambor, percusións e voz.

OLGA KIRK MARTÍNEZ: Acordeón diatónico, tambor, percusións e voz.

MERCEDES VARELA COTELO: Bombo, percusións e voz.

GRACIELA CARRAL SEIJAS: Gaita,tambor, bombo, percusións e voz.

ROCIO CARRAL SEIJAS: Tambor, bombo, percusións e voz.