Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Cuartetos, Quintetos, Septetos / Os Enxebres de Cacheiras

Os Enxebres de Cacheiras

Vilar, 29 - Cacheiras

15883 Teo - A Coruña

Teléfono: 616 529 659

e-mail: osenxebres@gmail.com

 

O grupo “Os Enxebres de Cacheiras” nace sobor do ano 1939 da man de Don Manuel Landeira, avó dun dos actuais gaiteros do grupo. Durante os primeiros anos o grupo adicouse a tocar por tódalas localidades máis cercanas ata chegar a convertirse nun dos máis famosos e reclamados de toda a xeografía galega. O grupo desenvolveu unha actividade incansable durante cincuenta anos, ata o ano 1990. No ano 2001, seguindo a iniciativa proposta por Alfonso R. Landeira (neto do fundador), decidese volver a formar ese grupo, que durante 50 anos recorreu os pobos coa sua música. Así, ese ano “refúndase” como “Asociación Cultural Os Enxebres de Cacheiras” de Teo - A Coruña, coa finalidade de divulgar a cultura e tradicións populares de Galicia. Actualmente o grupo componse dun cuarteto, no que se usan os mesmos instrumentos que usaba Don Manuel Landeira.