Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Grupos / Grupos / Bandas/Grupos de gaitas / Manxadoira, Banda de Gaitas Tradicionais

Manxadoira, Banda de Gaitas Tradicionais

Aptdo. Correos, 60

36930 Bueu - Pontevedra

Teléfono: 986 320 021 / 699 907 615

Nace en Bueu, o 2 de outubro de 1993. Baixo a batuta de Anxo Gago Vaqueiro conta cun amplo repertorio de temas tradicionais e de autores como Moxenas, Enrique Otero, Ernesto Campo, Roxelio de Leonardo Bouza, do propio director da banda, etc.

Os instrumentos usados por esta banda son tradicionais, e está composto por gaitas en Si, Mi e Fa, tambores e bombos de coiro, pandeiretas, pandeiros, charrasco, culleres, tarrañolas, cunchas, piñas, etc. O seu vestiario está inspirado no traxe de Garda dás Rías Baixas.

Dentro das súas actividades, conta cunha "Escola de Gaitas" rexida polo seu director anxo Gago Vaqueiro, "Escola de percusión" dirixida por Cristobal Pascual Pérez, e a "Escola de canto tradicional" dirixida por Guillermo Ignacio Costa. Tamén se organizan dous festivais anuais.
En verán: "Festival dá Alborada de música e danza tradicional" e
En Inverno: "O Festival de Sta. Cecía" con música de banda.